Este fin de semana celebrouse en Lugo o "Arde Lucus". Esta é unha festa durante a cal os lucenses se disfrazan de romanos e romanas, de castrexos e castrexas, de escravos, de soldados romanos...
Eu disfraceime de romana.
Ademais, as rúas están decoradas coma se nesa época estivésemos e hai diferentes lugares onde ver espectáculos como bodas romanas, loitas de gladiadores e outras moitas cousas interesantes e divertidas. Tamén hai postos nos que podes comprar de todo, dende pulseiras ata queixos.
O "Arde Lucus" ten moito éxito polo que moita xente se despraza dende outros lugares para participar e apenas hai sitio polas rúas,como poderedes ver nas fotos seguintes.
24.6.12
30.5.12
22.4.12
Os pitiños...
Hai unhas semanas unha das miñas galiñas tivo pitiños.
Son moi monos e gústanme moito. Xa son enormes e andan por todo o galiñeiro.
3.4.12
Gioconda.
O cuadro superior é a "Gioconda" pintada por Leonardo Da Vinci e a pintura que se atopa debaixo unha copia feita por un discípulo deste. Por estraño que pareza, fíxo a copia ao mesmo tempo que Leonardo a pintaba, é dicir, teñen aproximadamente o mesmo tempo.
Eu pregúntome se a verdadeira "Gioconda" tería as mesmas cores se estivese restaurada.
7.3.12
5.3.12
Molly Malone
Na escola este ano estamos traballando sobre o mar de maneira que os corredores estáqn decorados con redes e demais utensilios de pesca. Ademais na clase de inglés aprendemos esta popular canción irlandesa que conta a historia dunha peixeira de Dublín, Molly Malone.
3.3.12
La invención de Hugo
Hoxe fun ver ao cine a película La invención de Hugo. Eu xa lera o libro antes e, a pesar de que xa sabía como ía acabar, encantoume. Gustoume tanto que volvería a vela moitas veces máis. Trata dun neno chamado Hugo Cabret que vive nunha estación de tren. El é o encargado de coidar dos reloxos xa que o seu tío, que é quen debería facelo realmente, marchou.
A Hugo encántalle arreglar cousas. Sobre todo o que máis ganas ten de arreglar é un autómata que seu pai, antes de morrer, intentaba arranxar. Convencido de que lle revelará unha mensaxe do seu proxenitor, Hugo rouba pezas de xoguetes de corda dunha tenda da estación.
Isto levarao a vivir unha grande e triste aventura pero que ten un final moi feliz.
29.1.12
Alas de fuego
O outro día lin outro libro de Laura Gallego titulado "Alas de fuego" que me gustou moitísimo. Trata dun anxo feminino chamado Ahriel, que ten como misión axudar e estar ao lado da xove raíña dun reino moi antigo para axudala e aconsellala, pero esta, cegada pola avaricia, decide iniciar unha guerra co reino veciño.
Ao ver que o seu anxo non está de acordo, envíao ao lugar máis terrible do país: o cárcere. Ahriel pensa nada máis chegar que ese lugar onde está non pode ser un cárcere xa que esta cheo de barro e bichos terribles pero entón coñece a Bran o amor da súa vida, que lle explica que esa non é un cárcere normal.
Se queredes saber como acaba teredes que ler este libro e tamén a súa continuación "Alas negras", que eu aínda non lin pero estouno desexando.
3.1.12
2.1.12
Laura Gallego
A muller retratada na foto é Laura Gallego, unha das miñas escritoras preferidas. Todos os libros que lin dela encantáronme e iso que ten moitos publicados: Donde los árboles cantan, Sara y las goleadoras, La emperatriz de los etéreos... Pero sobre todo a trioloxía Memorias de Idhún que aínda non rematei pero que me está gustando moito. Recoméndovos todos os seus libros sexa cal sexa o que vos interese.
1.1.12
31.12.11
30.12.11
Un bo nadal ( máis ou menos)
Estes tres porquiños escapan do lobo coma en todos os contos, e cando parece que xa remataran co problema, o lobo, danse de conta de que cometeron un terrible error.
26.12.11
Feliz Nadal !!!
Deséxovos Feliz Nadal e espero que teñades tantos regalos coma min.
Isto é o que me trouxo Papá Noel: sete libros, un xogo eléctronico de reflexos, unha lanterna en forma de porco, catro pequenos botes de perfume e un xogo de damas (porque ata onte non sabía xogar).
Todos os regalos me encantaron, e descubrín que as damas é o xogo popular de mesa que máis me gusta despois do Parchís. Encántame o Nadal!!!
3.12.11
A pedra de seixo
Hoxe lin un libro que me pareceu moi extraño.
Chámase "A pedra de seixo", de María Canosa. Trata dunha rapaza á que polo seu aniversario lle regalan unha bóla decorativa. Ela e máis o seu grupo de amigos descobren que esa misteriosa bóla ten poderes máxicos e, grazas a ela, poden facer cousas que eles nunca antes imaxinaran como, por exemplo, falar co irmán morto dunha das amigas da protagonista. Recoméndovolo!!!
2.12.11
Lemonade Mouth
A semana pasada vin esta película chamada "Lemonade Mouth". Trata duns rapaces que son castigados inxustamente. Como castigo, teñen que limpar a aula de arte e, como ao limparen fan unha canción, acaban formando un grupo, que ten o mesmo nome que a película. Nela, saen un montón de cancións moi bonitas e marchosas, pero a que máis me gusta é esta que se chama "Turn Up the Music".
Se non a viches, recoméndoche que o fagas canto antes.
20.11.11
19.11.11
10.11.11
6.11.11
5.11.11
Phineas y Ferbnomenales vídeos musicales.
Hai unhas semanas comezou a segunda edición dos "Phineas y Ferbnomenales vídeos musicales". Esta actividade de Disney Channel trata de que podes votar na súa páxina web os 10 vídeos que máis che gusten da actual temporada de Phineas y Ferb. Eu xa votei e esta é unha das miñas cancións preferidas, chámase "Isa tiene rizos". Espero que vos guste e que a votedes moito!
31.10.11
Suscribirse a:
Entradas (Atom)