30.11.09

28.11.09

Non me cortes!

Como o farán?

26.11.09

Danza da auga

Quen me dera ter estes chorros diante da casa!

23.11.09

A praza, de Xoán Neira














A praza da miña vila
tenvos moito movemento.
Os sábados hai mercado
e os domingos hai concerto.

Polo verán hai teatro,
algúns días monicreques.
Haxa ou non haxa espectáculo
sempre ateigada de xente.

Lámpadas multicolores
e bandeiras nos balcóns
engalanan a praciña
polas festas do patrón.

Ten unha estatua no medio
que observa todo o que pasa
e o reloxo do concello
que dá as horas exactas.

De noite quea baleira,
ás veces óense pasos
o chío dos paxariños
ou o miañar dalgún gato.

A praza, corazón da cidade.

22.11.09

Unha historia de Kafka


Regalaronme este libro polo meu santo. Recoméndovolo.

Trata dun escritor que atopa a unha nena chorando porque perdeu a sua boneca, el intenta calmala e conségueo grazas a unha historia que lle conta e unhas cartas que escribe.

Pasado un ano morre.

A ver, a ver...

Parece que non, pero é o mesmo home con diferentes peiteados

21.11.09

Aquí non hai quen durma!

Menos mal que miña nai non ronca coma esta muller porque senón eu non pegaría ollo.

17.11.09

2012

O sábado pasado fun con meu pai ver 2012 no cine. Gustoume moito, a pesar de que destruían o planeta (espero que non sexa tan pronto). Recoméndovola.

12.11.09

Nenos que patinan

Son pequenos pero fan grandes cousas.

6.11.09