19.12.09

Feliz nadal a todos!

18.12.09

7.12.09

Lucy in the Sky with Diamonds

Gústame moito esta canción dos Beatles. Fala dunha nena chamada Lucy que ía á escola co fillo de John Lennon.


6.12.09

Mars attacks

Vin esta pelicula que trata duns extraterrestres que invaden a Terra. ENCANTOUME!

30.11.09

28.11.09

Non me cortes!

Como o farán?

26.11.09

Danza da auga

Quen me dera ter estes chorros diante da casa!

23.11.09

A praza, de Xoán Neira














A praza da miña vila
tenvos moito movemento.
Os sábados hai mercado
e os domingos hai concerto.

Polo verán hai teatro,
algúns días monicreques.
Haxa ou non haxa espectáculo
sempre ateigada de xente.

Lámpadas multicolores
e bandeiras nos balcóns
engalanan a praciña
polas festas do patrón.

Ten unha estatua no medio
que observa todo o que pasa
e o reloxo do concello
que dá as horas exactas.

De noite quea baleira,
ás veces óense pasos
o chío dos paxariños
ou o miañar dalgún gato.

A praza, corazón da cidade.

22.11.09

Unha historia de Kafka


Regalaronme este libro polo meu santo. Recoméndovolo.

Trata dun escritor que atopa a unha nena chorando porque perdeu a sua boneca, el intenta calmala e conségueo grazas a unha historia que lle conta e unhas cartas que escribe.

Pasado un ano morre.

A ver, a ver...

Parece que non, pero é o mesmo home con diferentes peiteados

21.11.09

Aquí non hai quen durma!

Menos mal que miña nai non ronca coma esta muller porque senón eu non pegaría ollo.

17.11.09

2012

O sábado pasado fun con meu pai ver 2012 no cine. Gustoume moito, a pesar de que destruían o planeta (espero que non sexa tan pronto). Recoméndovola.

12.11.09

Nenos que patinan

Son pequenos pero fan grandes cousas.

6.11.09

31.10.09

Figuras con globos

Debe ser difícil facer estas figuras unicamente con globos, e debe levar moito tempo facelas.

Figuras Con Globos

30.10.09

Happydent indio

Para que nunca se nos esqueza lavar os dentes antes de ir para a cama.

25.10.09

Tic-tac music

Mirade que curiosa esta forma de facer música na rúa, e ademais fano xenial.

24.10.09

Lugares que me gustan

Estes son algúns dos lugares que me gustan do mundo. E a vós?

Mans máxicas

Ás veces, as nosas mans poden ser moito máis que unhas mans.
Que non? Mira aquí e xa me contarás.

Hands

23.10.09

Pingüíns

Mira que simpaticos os pingüíns! Podédelos mover arrastrándoos ata onde queirades que vaian.

As cousas soñan

Meus pais vian este anuncio antes de que eu nacera.


span>

17.10.09

Quero unha lavadora coma esta!

Aínda que pareza mar non o é. Fixádevos ben!

12.10.09

Ronda do soldadinho

É tristísimo que os nenos e nenas vaian a guerra. Porque se teñen feridas graves poden morrer, porque fan moito mal e porque non están escolarizados. Este vídeo está contra iso. Mirádeo!

San Froilán

Gústanme moito os carteis do San Froilán, onde estiven estes días, por iso quero compartilos con todos vós.

8.10.09

A tentación

A estes nenos dinlles que poden comer un pastel, pero se non o comen danlles outro.
Que tentación!

Oh, The Temptation from Steve V on Vimeo.