27.1.13

El hobbit

Por Nadal fun ver ao cine "El hobbit" e agora estou lendo o libro. 
Gustoume moito a película a pesar de que é moi longa, dura 3 horas aproximadamente. 
Conta como chegou o anel a mans do hobbit Bilbo Bolsón, quen logo llo daría ao seu sobriño Frodo, como vimos na triloxía "O señor dos aneis".
Todo comeza cando o mago Gandalf visita a Bilbo para ofrecerlle a oportunidade de vivir unha aventura.
Este négase, porque aos hobbits non lles gusta saír do seu fogar, A Comarca, pero Gandalf convoca igualmente unha reunión de ananos na casa do hobbit para convencelo de que acepte e pase a ser o décimo membro da súa irmandade, que pretende vencer ao dragón que moito tempo atrás obrigou aos ananos a abandonaren a montaña na que vivían. 
Bilbo acaba aceptando e, durante o camiño, atoparase con moitas dificultades. 
A aventura non acaba nesta película, haberá unha segunda parte.