23.1.10

El Jabato


Este é Jabato coa sua noiva Claudia. Descubrinos nos comics EL JABATO. Tratan de aventuras na época dos romanos como...internarse nunha selva para escapar de alguen ou vagar polo deserto. As aventuras de Jabato empezan cando el e os demais cristianos que traballan nun campo se atopan cuns romanos que os fan prisioneiros. Jabato ten dous bos amigos, son Taurus e Fideo, sen eles non sería tan fácil vencerlles aos romanos.

18.1.10

9.1.10

Neve en Lugo

Pilloume a neve en Lugo. Xoguei e paseino moi ben.Mirade que fotos!

8.1.10

O home invisible


Vin esta pelicula e encantoume.Trata dun home que é invisible porque tomou uns produtos.Ao tomalos volvese tolo e teñeno que matar por ser un perigo para a humanidade. RECOMENDOVOLA!

5.1.10

Cabalgata de Reis

Hoxe día 5 de Xaneiro fun á cabalgata dos Reis Magos en Lugo.
Empezou ás 7 e cuarto da tarde. Primeiro ían os músicos tocando; despois os zancudos vestidos de espantallos; a continuación, uns homes vestidos de trasnos subidos nuns vermes xigantes de tea; xusto despois, a carroza de Melchor, decorada cunha estatua de papel dun homiño moi simpático tocando a trompeta seguida da carroza de Gaspar decorada cunha estatua de Charlot.
Logo a carroza de Baltasar decorada cunha esfinxe exipcia; en último lugar, a carroza do Pato Donald e a súa muller Daisy.
Repartiron moitos caramelos; cando marchamos estaba moi impaciente por ver o que me traerían os Reis Magos.


2.1.10

1.1.10

Mira como bailan!

Que tal un pouco de baile para comezar o ano?