7.3.12

Ormie

Cando vin este vídeo rínme moito, pero teño que recoñecer que dá pena o pobre.

5.3.12

Molly Malone

Na escola este ano estamos traballando sobre o mar de maneira que os corredores estáqn decorados con redes e demais utensilios de pesca. Ademais na clase de inglés aprendemos esta popular canción irlandesa que conta a historia dunha peixeira de Dublín, Molly Malone.

3.3.12

La invención de Hugo

Hoxe fun ver ao cine a película La invención de Hugo. Eu xa lera o libro antes e, a pesar de que xa sabía como ía acabar, encantoume. Gustoume tanto que volvería a vela moitas veces máis. Trata dun neno chamado Hugo Cabret que vive nunha estación de tren. El é o encargado de coidar dos reloxos xa que o seu tío, que é quen debería facelo realmente, marchou.
A Hugo encántalle arreglar cousas. Sobre todo o que máis ganas ten de arreglar é un autómata que seu pai, antes de morrer, intentaba arranxar. Convencido de que lle revelará unha mensaxe do seu proxenitor, Hugo rouba pezas de xoguetes de corda dunha tenda da estación.
Isto levarao a vivir unha grande e triste aventura pero que ten un final moi feliz.