22.7.12

Quen enganou a Roger Rabbit?

Aos seis anos de idade vin esta película e, aproveitando que a poñían na televisión, onte volvín a vela. É unha longometraxe moi especial xa que mestura debuxos animados, chamados dibus, con actores e lugares reais. 
Roger Rabbit é un coello dibu que é actor e que está casado cunha dibu moi guapa. O seu xefe contrata a un detective humano para que saque unhas fotos da muller de Roger Rabbit, Jennifer Rabbit,  para que o coello vexa que ela está con outros homes e que así deixe de pensar nela e actúe mellor. Ao día seguinte aparece o cadáver do home que estaba con  Jennifer Rabbit nas fotografías e todos culpan a Roger, pensando que o matou durante un ataque de celos. El vai xunto ao detective Eddie Valiant para que o axude e finalmente este decide axudalo. Ao fin, descubren que todo resulta ser unha montaxe para destruír Dibulliwood, o mundo dos dibus.

13.7.12

8 anos de vida en fotos

Este home fotografouse durante 8 anos da súa vida e fixo este vídeo tan acelerado, onde se aprecian os seus cambios de aspecto facilmente.

12.7.12

Marilyn en Seattle (Doctor en Alaska)

Hai pouco descubrín esta serie chamada "Doctor en Alaska", que é moi divertida. Trata dun médico que por culpa de estudar a carreira cunha bolsa do estado é obrigado a cambio a prestar servizos médicos nun pequenísimo pobo de Alaska.
Alí hai todo tipo de personaxes diferentes: Unha aviadora coa que se leva mal, aínda que no fondo son moi amigos; un indio orfo ao que lle gusta ver películas; unha moza casada cun home dez anos maior ca ela; o alcalde, que é un astronauta retirado; unha tendeira moi simpática e moitos máis.  Entre todos estes personaxes aos que rapidamente lles colles cariño está unha india que traballa na "consulta" do doutor e que pasa o día en silencio e pensando, e que a min personalmente me cae xenial.
 Neste fragmento dun capítulo, Marilyn, que así se chama a india, quere vivir unha aventura e por iso se vai a Seattle. Ademais encántame a música que poñen na serie, sobre todo esta.

10.7.12

O asasinato de Roger Ackroyd



A min encántanme todos os libros de misterio e de intriga pero os de Agatha Christie son, na miña opinión, dos mellores. O último libro que lin dela foi " O asasinato de Roger Ackroid". Trata da misteriosa  morte do home en cuestión, que o gran detective Poirot intenta resolver. Pero o caso complícase por momentos, xa que sucesos extraños, coma unha misteriosa chamada telefónica ou a secreta boda de dous dos sospeitosos, non axudan a esclarecer o caso.Como ocorre con todos os libros desta escritora, o final é sorprendente e impredicible.