Mostrando entradas con la etiqueta aventuras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta aventuras. Mostrar todas las entradas

11.11.12

Super 8


Onte vin a película Súper 8. Trata dun grupo de rapaces que queren presentarse a un festival de cine pero, mentres graban nunha estación de tren que se atopa nun estado desastroso, son testigos dun accidente ferroviario que desenrola unha serie de sucesos e descubrimentos estraños.
Un profesor deles, o mesmo que causou o accidente, advírtelles que, se non queren que lles ocorra nada a eles e ás súas familias, non deben falar do tema con ninguén pero os rapaces non fan caso e póñense mans á obra para descubrir que foi o que o profesor quixo destruír cando fixo descarrilar o tren e quen anda detrás de todo iso.
Finalmente, descobren o que ocorre grazas a unhas imaxes que a cámara gravou o día en cuestión na estación de tren mentres eles escapaban do incendio causado.

23.1.10

El Jabato


Este é Jabato coa sua noiva Claudia. Descubrinos nos comics EL JABATO. Tratan de aventuras na época dos romanos como...internarse nunha selva para escapar de alguen ou vagar polo deserto. As aventuras de Jabato empezan cando el e os demais cristianos que traballan nun campo se atopan cuns romanos que os fan prisioneiros. Jabato ten dous bos amigos, son Taurus e Fideo, sen eles non sería tan fácil vencerlles aos romanos.