Mostrando entradas con la etiqueta Vídeos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vídeos. Mostrar todas las entradas
14.8.14
28.8.12
23.8.12
19.8.12
A culler magnética
A camareira deste vídeo decide gastar unha broma aos seus clientes. Xa veredes as caras que poñen todos!
13.7.12
8 anos de vida en fotos
Este home fotografouse durante 8 anos da súa vida e fixo este vídeo tan acelerado, onde se aprecian os seus cambios de aspecto facilmente.
12.7.12
Marilyn en Seattle (Doctor en Alaska)
Hai pouco descubrín esta serie chamada "Doctor en Alaska", que é moi divertida. Trata dun médico que por culpa de estudar a carreira cunha bolsa do estado é obrigado a cambio a prestar servizos médicos nun pequenísimo pobo de Alaska.
Alí hai todo tipo de personaxes diferentes: Unha aviadora coa que se leva mal, aínda que no fondo son moi amigos; un indio orfo ao que lle gusta ver películas; unha moza casada cun home dez anos maior ca ela; o alcalde, que é un astronauta retirado; unha tendeira moi simpática e moitos máis. Entre todos estes personaxes aos que rapidamente lles colles cariño está unha india que traballa na "consulta" do doutor e que pasa o día en silencio e pensando, e que a min personalmente me cae xenial.
Neste fragmento dun capítulo, Marilyn, que así se chama a india, quere vivir unha aventura e por iso se vai a Seattle. Ademais encántame a música que poñen na serie, sobre todo esta.
30.5.12
7.3.12
5.3.12
Molly Malone
Na escola este ano estamos traballando sobre o mar de maneira que os corredores estáqn decorados con redes e demais utensilios de pesca. Ademais na clase de inglés aprendemos esta popular canción irlandesa que conta a historia dunha peixeira de Dublín, Molly Malone.
3.3.12
La invención de Hugo
Hoxe fun ver ao cine a película La invención de Hugo. Eu xa lera o libro antes e, a pesar de que xa sabía como ía acabar, encantoume. Gustoume tanto que volvería a vela moitas veces máis. Trata dun neno chamado Hugo Cabret que vive nunha estación de tren. El é o encargado de coidar dos reloxos xa que o seu tío, que é quen debería facelo realmente, marchou.
A Hugo encántalle arreglar cousas. Sobre todo o que máis ganas ten de arreglar é un autómata que seu pai, antes de morrer, intentaba arranxar. Convencido de que lle revelará unha mensaxe do seu proxenitor, Hugo rouba pezas de xoguetes de corda dunha tenda da estación.
Isto levarao a vivir unha grande e triste aventura pero que ten un final moi feliz.
30.12.11
Un bo nadal ( máis ou menos)
Estes tres porquiños escapan do lobo coma en todos os contos, e cando parece que xa remataran co problema, o lobo, danse de conta de que cometeron un terrible error.
2.12.11
Lemonade Mouth
A semana pasada vin esta película chamada "Lemonade Mouth". Trata duns rapaces que son castigados inxustamente. Como castigo, teñen que limpar a aula de arte e, como ao limparen fan unha canción, acaban formando un grupo, que ten o mesmo nome que a película. Nela, saen un montón de cancións moi bonitas e marchosas, pero a que máis me gusta é esta que se chama "Turn Up the Music".
Se non a viches, recoméndoche que o fagas canto antes.
22.10.11
Que será, que será?
Hai unhas semanas vin esta película titulada "O home que sabía demasiado". Nela sae esta canción. É unha canción preciosa e moi pegadiza. Póñovos a letra debaixo para que a cantedes.
When I was just a little girl
I asked my mother what will I be,
Will I be pretty, will I be rich?
Here's what she said to me:
Que sera, sera...
Whatever will be will be,
The future's not ours to see.
Que sera, sera.
What will be will be.
When I grew up and fell in love,
I asked my sweetheart what lies ahead,
Will we have rainbows, day after day,
Here's what my sweetheart said:
Que Sera Sera...
Now I have children of my own,
They ask their mother what will I be,
Will I be handsome, will I be rich,
I tell them tenderly:
Que Sera Sera...
When I was just a little girl
I asked my mother what will I be,
Will I be pretty, will I be rich?
Here's what she said to me:
Que sera, sera...
Whatever will be will be,
The future's not ours to see.
Que sera, sera.
What will be will be.
When I grew up and fell in love,
I asked my sweetheart what lies ahead,
Will we have rainbows, day after day,
Here's what my sweetheart said:
Que Sera Sera...
Now I have children of my own,
They ask their mother what will I be,
Will I be handsome, will I be rich,
I tell them tenderly:
Que Sera Sera...
30.8.11
Sugar, sugar.
Este vídeo é moi bonito pero sobre todo a súa música é doce, doce. Que a disfrutedes!!!
12.8.11
A familia Addams
O outro día vin esta película e pareceume xenial. Trata dunha familia na que a avoa é unha bruxa, a nai e o pai son un tanto extravagantes, o mordomo é frankenstein... e a súa mascota é unha man que se move pola casa coma un gato.Ademais son inmortais. Este vídeo é do que fixeron os fillos no festival de fin de curso.
Aquí podedes ver correr a man e como viven todos eles.
Aquí podedes ver correr a man e como viven todos eles.
16.5.11
A ponte de Cassandra
Vin esta película tan triste e desastrosa e gustoume moito. Trata duns terroristas que intentan poñer unha bomba nun edificio no que se estudia unha enfermidade. A enfermidade sae ao exterior e contáxiase todo un tren de mil viaxeiros. É moi triste en algunhas escenas e noutras é moi divertida. RECOMÉNDOVOLA!!!
24.10.10
20.6.10
14.6.10
Suscribirse a:
Entradas (Atom)