2.12.11

Lemonade Mouth

A semana pasada vin esta película chamada "Lemonade Mouth". Trata duns rapaces que son castigados inxustamente. Como castigo, teñen que limpar a aula de arte e, como ao limparen fan unha  canción, acaban formando un grupo, que ten o mesmo nome que a película. Nela, saen un montón de cancións moi bonitas e marchosas, pero a que máis me gusta é esta que se chama "Turn Up the Music".
Se non a viches, recoméndoche que o fagas canto antes.

No hay comentarios: