5.5.16

Un novo blog!!



Dende hai algo máis de un ano, levo un novo blog literario, Lecturas Frescas, no que falo das miñas lecturas, reseño libros, contesto booktags e moito máis. Se queredes seguir lendo os meus posts, pero algo máis maduros, máis longos e de maneira máis contínua, espérovos en: http://lecturasfrescas.blogspot.com.es/.

14.8.14

Ghost

Levo un ano sen escribir no meu blog (tíñao esquecido por completo) e decidín que a mellor maneira de retomalo é cunha bonita canción que ultimamente non saco da cabeza, Ghost de Ella Henderson.


24.7.13

Coleta animada


Aquí deixo outra das imaxes animadas que tanto me gustan. Que vos parece? 

22.6.13

16.6.13

Moda









19.5.13

20.4.13

Sólo tú

Encántame esta canción de Paula Rojo e espero que a vós tamén.

31.3.13

Caída animada

 Este home quixo aforrar traxecto pero saíulle mal a xogada.

10.3.13

Home andando

Despois de tanto tempo sen publicar unha foto animada desas que me gustan, déixovos esta.

27.1.13

El hobbit

Por Nadal fun ver ao cine "El hobbit" e agora estou lendo o libro. 
Gustoume moito a película a pesar de que é moi longa, dura 3 horas aproximadamente. 
Conta como chegou o anel a mans do hobbit Bilbo Bolsón, quen logo llo daría ao seu sobriño Frodo, como vimos na triloxía "O señor dos aneis".
Todo comeza cando o mago Gandalf visita a Bilbo para ofrecerlle a oportunidade de vivir unha aventura.
Este négase, porque aos hobbits non lles gusta saír do seu fogar, A Comarca, pero Gandalf convoca igualmente unha reunión de ananos na casa do hobbit para convencelo de que acepte e pase a ser o décimo membro da súa irmandade, que pretende vencer ao dragón que moito tempo atrás obrigou aos ananos a abandonaren a montaña na que vivían. 
Bilbo acaba aceptando e, durante o camiño, atoparase con moitas dificultades. 
A aventura non acaba nesta película, haberá unha segunda parte.

22.12.12

Feliz Nadal!!!


Con esta bonita imaxe animada deséxovos Bo Nadal.

11.11.12

Super 8


Onte vin a película Súper 8. Trata dun grupo de rapaces que queren presentarse a un festival de cine pero, mentres graban nunha estación de tren que se atopa nun estado desastroso, son testigos dun accidente ferroviario que desenrola unha serie de sucesos e descubrimentos estraños.
Un profesor deles, o mesmo que causou o accidente, advírtelles que, se non queren que lles ocorra nada a eles e ás súas familias, non deben falar do tema con ninguén pero os rapaces non fan caso e póñense mans á obra para descubrir que foi o que o profesor quixo destruír cando fixo descarrilar o tren e quen anda detrás de todo iso.
Finalmente, descobren o que ocorre grazas a unhas imaxes que a cámara gravou o día en cuestión na estación de tren mentres eles escapaban do incendio causado.

7.10.12

De festa en Lugo!!!

Xa estou outro ano máis aquí, en Lugo, disfrutando da festa, do polbo, das tómbolas, das atraccións...
 
Por primeira vez, participei na tómbola dos camelos. É ben fácil, só tes que tirar unhas bólas a uns buratos e segundo en que burato as metas o teu camelo correrá máis ou menos; o primeiro que chegue á meta gaña e leva un premio a elixir. Ata agora aínda non gañei pero quedei segunda, a ver se a próxima vez teño máis sorte!!!
 
Tamén fun tomar o polbo, este ano estaba tan rico coma sempre. Respecto ás atraccións, non teño nin que dicir que hai moitísimas,  tantas coma os demais anos a pesar de que este ano foron algo máis estritos coas medidas das barracas que os pasados. A noria está preciosa con luces de moitas cores e é tan alta que se ve dende a ponte que dá entrada a Lugo.
 
Os concertos tamén son numerosos: o venres fun ao  do Dúo Dinámico que, a pesar de sumar entre os dous un século e medio, cantaban igual de ben e seguían igual de simpáticos.
 
A imaxe que tedes arriba é o cartel deste ano, a min encántame e a pesar das críticas da xente, que non foron poucas, paréceme unha boa elección. Encántanme o polbo do bigote e o do MP3!!! 

28.8.12

27.8.12

Brave



Hoxe fun ver ao cine a magnífica película "Brave".
Gustoume moito xa que estaba moi lograda. Unha das cousas que máis me gustou dela foi que é unha princesa activa e valente, non como na maior parte das películas.
Trata dunha princesa pelirroxa chamada Mérida á que súa nai  prepara exclusivamente para casarse pois este é o futuro que lle espera a calquera princesa, pero Mérida quere facer outras cousas, como practicar tiro con arco, e ser libre de tomar as súas decisións. Por iso, ante o que lle espera, a princesa visita a unha bruxa e esta dalle un pasteliño que fará que a raíña cambie, pero a cousa non sae como a ela o planeara.
Se queredes saber como acaba teredes que vela.

23.8.12

Peidos

Encántame este vídeo, é divertido e orixinal. Espero que disfrutedes del tanto coma min.

19.8.12

A culler magnética

A camareira deste vídeo decide gastar unha broma aos seus clientes. Xa veredes as caras que poñen todos!

22.7.12

Quen enganou a Roger Rabbit?

Aos seis anos de idade vin esta película e, aproveitando que a poñían na televisión, onte volvín a vela. É unha longometraxe moi especial xa que mestura debuxos animados, chamados dibus, con actores e lugares reais. 
Roger Rabbit é un coello dibu que é actor e que está casado cunha dibu moi guapa. O seu xefe contrata a un detective humano para que saque unhas fotos da muller de Roger Rabbit, Jennifer Rabbit,  para que o coello vexa que ela está con outros homes e que así deixe de pensar nela e actúe mellor. Ao día seguinte aparece o cadáver do home que estaba con  Jennifer Rabbit nas fotografías e todos culpan a Roger, pensando que o matou durante un ataque de celos. El vai xunto ao detective Eddie Valiant para que o axude e finalmente este decide axudalo. Ao fin, descubren que todo resulta ser unha montaxe para destruír Dibulliwood, o mundo dos dibus.

13.7.12

8 anos de vida en fotos

Este home fotografouse durante 8 anos da súa vida e fixo este vídeo tan acelerado, onde se aprecian os seus cambios de aspecto facilmente.

12.7.12

Marilyn en Seattle (Doctor en Alaska)

Hai pouco descubrín esta serie chamada "Doctor en Alaska", que é moi divertida. Trata dun médico que por culpa de estudar a carreira cunha bolsa do estado é obrigado a cambio a prestar servizos médicos nun pequenísimo pobo de Alaska.
Alí hai todo tipo de personaxes diferentes: Unha aviadora coa que se leva mal, aínda que no fondo son moi amigos; un indio orfo ao que lle gusta ver películas; unha moza casada cun home dez anos maior ca ela; o alcalde, que é un astronauta retirado; unha tendeira moi simpática e moitos máis.  Entre todos estes personaxes aos que rapidamente lles colles cariño está unha india que traballa na "consulta" do doutor e que pasa o día en silencio e pensando, e que a min personalmente me cae xenial.
 Neste fragmento dun capítulo, Marilyn, que así se chama a india, quere vivir unha aventura e por iso se vai a Seattle. Ademais encántame a música que poñen na serie, sobre todo esta.

10.7.12

O asasinato de Roger Ackroyd



A min encántanme todos os libros de misterio e de intriga pero os de Agatha Christie son, na miña opinión, dos mellores. O último libro que lin dela foi " O asasinato de Roger Ackroid". Trata da misteriosa  morte do home en cuestión, que o gran detective Poirot intenta resolver. Pero o caso complícase por momentos, xa que sucesos extraños, coma unha misteriosa chamada telefónica ou a secreta boda de dous dos sospeitosos, non axudan a esclarecer o caso.Como ocorre con todos os libros desta escritora, o final é sorprendente e impredicible.    

24.6.12

Arde Lucus

Este fin de semana celebrouse en Lugo o "Arde Lucus". Esta é unha festa durante a cal os lucenses se disfrazan de romanos e romanas, de castrexos e castrexas, de escravos, de soldados romanos...
Eu disfraceime de romana.

Ademais, as rúas están decoradas coma se nesa época estivésemos e hai diferentes lugares onde ver espectáculos como bodas romanas, loitas de gladiadores e outras moitas cousas interesantes e divertidas. Tamén hai postos nos que podes comprar de todo, dende pulseiras ata queixos.

O "Arde Lucus" ten moito éxito polo que moita xente se despraza dende outros lugares para participar e apenas hai sitio polas rúas,como poderedes ver nas fotos seguintes.






30.5.12

Eurovisión 2012