23.12.10

8.12.10

Meme das cousas que non fago


Vou enumerar as dez cousas que NON fago.
Asi pois, adiante.

  1. NON como hamburguesas, danme noxo.

  2. NON ronco porque durmo boca abaixo.

  3. NON canto na ducha para que non me oian os do piso de abaixo.

  4. NON me tiro dun avión en marcha porque me dá medo.

  5. NON viaxo á lúa porque non quero coñecer a un extraterreste verde.

  6. NON leo no mar para que non se estropeen os libros.

  7. NON vivo na selva para non namorarme dun mono.

  8. NON durmo coa boca aberta para que non me entren moscas.

  9. NON canto baixo a neve para non conxelarme.

  10. NON como queixo porque ole a queixo.

24.10.10

Get back!

Encántame este vídeo dos Beatles. Espero que a vós tamén.

7.10.10

Oktapodi

Estes polbos que corren tanto en realidade é porque queren chegar ao San Froilán

18.8.10

Meme da millonaria excéntrica


Este é o meme do millonario excéntrico, e nel hai que escribir sete excentricidades que faría se fose inmensamente rica, unha millonaria absoluta e completa. Pero do que se trata é de citar cousas raras de máis que só unha ricacha podería realizar.
  1. Compraria un gran avión privado con cafetería, biblioteca, cine, sala de videoxogos e unha habitación para falar cos amigos e coa familia.

  2. Compraria un xeado de, polo menos, mil metros.

  3. Construiria un rañaceos que estivera feito de chucherias e que cada nadal todos os nenos o comeran un pouco ata que se acabara. Cando se acabara volveria construilo.

  4. Fariame amiga de todos os famosos do mundo.

  5. Doaria diñeiro para os pobres.

  6. Compraria todos os parques de atraccións de todo o mundo e só poderia entrar a xente que eu invitara.

  7. Compraria todos os libros do mundo.

15.8.10

Outro anuncio para todos

Cuestionario literario


1. Frank L. Baum: O mago de Oz; o Espantallo a Dorothy: Pódese saber quen es e onde vas?
Son Vi e vou de vacacións

2. Michael Ende: Momo; Momo aos nenos: E iso é divertido?
Si, ir de vacacións é a cousa máis divertida despois de ler un bo libro e tomar un gran xelado

3. Michael Ende: Momo; home gris a homes grises: Que é unha vida humana?
É a cousa máis incontestable do mundo

4. Robert L. Stevenson: A illa do tesouro; John Silver a Jim: Cres que un morto está morto para sempre, ou cres que pode resucitar?
Só pode resucitar se lle quedou algún asunto pendente antes de morrer (como ir buscar a roupa á tintorería ou terminar de ler o libro que ten que entregar ao dia seguinte na biblioteca)

5. Miquel Rayó: O tesouro do Capitán Nemo; Marisa ao protagonista: Que buscas?
A razón pola que me gusta tanto ir a praia tendo en conta o pouco que me gusta botar a crema antes de ir

6. Astrid Lindgren: Pipi Calzaslargas; Tommy a Pippi: Que é o que non consentirías?
Que me prohibiran ler a todas horas

7. Lewis Carroll: Alicia no País das Maravillas; o Gato de Chesire a Alicia: Cáeche simpática a Raíña?
A raíña do país das maravillas pareceme a raíña máis mala de todas as raíñas de todos os contos

8.Lewis Carroll: Alicia no País das Maravillas; o rato a Alicia: Gústanche os cans?
Si, pero gústanme máis os gatos sobre todo se saben falar

9. Daniel Nesquens: 17 cuentos e dous pingüíns; Marta a papá: Por que o oito vai despois do sete?
Pola mesma razón que sete vai despois de seis.

10. Roald Dahl: Matilda; Truchbull a Wilfres: Teño 8 cocos, 8 monos e 8 nenos. Cantos imbéciles teño en total?
Ningún pois os nenos non son imbéciles,os monos tampouco pois imitan perfectamente os humanos e os cocos saben demasiado ben para selo.

11. Roald Dahl: As bruxas; Neno á avoa: Atopaches algunha vez unha bruxa?
Si,as que fan de malas en libros e películas

12. James Barrie: Peter Pan; Peter aos nenos: Credes nas fadas?
Si, se non quen fai que os nosos desexos se fagan realidade?

13. James Barrie: Peter Pan; Wendy a Peter: Sabes o que é un bico?
A cousa máis bonita deste mundo

14. Michael Ende: Momo; Momo ao mestre Hora: Que é o tempo de verdade?
O tempo que pasamos sendo felices e disfrutando.

15. Henning Mankell: O can que corría cara a unha estrela; Joel a si mesmo: Ser adulto é isto, facer e dicir cousas que non entenden os nenos?
Non, o que pasa é que eles fan as cousas de diferente maneira ca nós. Por exemplo, nós pasamos o tempo xogando e indo á escola e eles traballando e facéndonos felices


16. Lewis Carroll: Alicia no país das Maravillas; Alicia a si misma: De que serve un libro se non trae estampas nin diálogos?
A min gustame máis sen elas porque así podo imaxinalo como queira.

22.6.10

Hoxe, a dona deste blog cumpre 10 anos (nada menos)

20.6.10

Coelliño Orelliñas

Que monada de coelliño (na versión galega).

14.6.10

12.6.10

Curtas

Despois de ver no cine Alicia no país das marabillas en 3D, puiden ver na tele algunhas curtas de Disney coma esta sobre uns paxariños.

8.6.10

Satellite

Esta foi a canción gañadora, de Alemaña, e tamén a que máis que gustou.




En cambio a meu pai gustáballe a canción de Grecia.

Eurovisión: espontáneo

Vin ata o final o concurso, e como tiveron que repetir a actuación de España por culpa dun espontáneo. Este foi o momento.

23.5.10

Sister act

Vin esta película que me gustou moito; ten números musicais coma este que vos poño a ver que vos parece.

15.5.10

27.4.10

Boni


Desde hoxe teño unha cadeliña de catro meses e raza cocker, que se chama Boni.


18.4.10

Ulysses Moore



Encántame a colección de ulysses moore. É de aventuras, de misterio e de viaxes.
Os protagonistas son Jason,Julia e Rick aínda qu no 7 e no 8 sae outra nena chamada Anne. Tratan dunhas portas do tempo que están agochadas no pobo de Kilmore Cove. Unha muller chamada Oblivia Newton quere abrir as portas pero Jason, Julia e Rick impídeno.
Eu lin o tres, o catro e o sete.
Recoméndovolos.

11.4.10

Orixes

Estas fotos son da exposición Orixes humanas que vin o outro día na Horta do Seminario en Lugo.



9.4.10

La Niñera mágica y el Big Bang

Fun ver esta pel ao cine e gustoume moitísimo. Por iso quero recomendárvola.

28.3.10

Domingo de Ramos

Estou en Lugo. Hoxe fun a procesión do Domingo de Ramos e saquei un video ca miña cámara de fotos.

19.3.10

Osiño Gominola


Aquí está a versión galega do osiño Gominola. Mola!

7.3.10

20.2.10

La dama y la muerte



Encantoume esta curta aínda que é moi triste e a meu pai non lle gustou tanto.Deronlle un GOYA.Vos que opinades?

7.2.10

Mascota estupenda


Este animal non existe pero gustaríame telo de mascota.

23.1.10

El Jabato


Este é Jabato coa sua noiva Claudia. Descubrinos nos comics EL JABATO. Tratan de aventuras na época dos romanos como...internarse nunha selva para escapar de alguen ou vagar polo deserto. As aventuras de Jabato empezan cando el e os demais cristianos que traballan nun campo se atopan cuns romanos que os fan prisioneiros. Jabato ten dous bos amigos, son Taurus e Fideo, sen eles non sería tan fácil vencerlles aos romanos.

18.1.10

9.1.10

Neve en Lugo

Pilloume a neve en Lugo. Xoguei e paseino moi ben.Mirade que fotos!

8.1.10

O home invisible


Vin esta pelicula e encantoume.Trata dun home que é invisible porque tomou uns produtos.Ao tomalos volvese tolo e teñeno que matar por ser un perigo para a humanidade. RECOMENDOVOLA!

5.1.10

Cabalgata de Reis

Hoxe día 5 de Xaneiro fun á cabalgata dos Reis Magos en Lugo.
Empezou ás 7 e cuarto da tarde. Primeiro ían os músicos tocando; despois os zancudos vestidos de espantallos; a continuación, uns homes vestidos de trasnos subidos nuns vermes xigantes de tea; xusto despois, a carroza de Melchor, decorada cunha estatua de papel dun homiño moi simpático tocando a trompeta seguida da carroza de Gaspar decorada cunha estatua de Charlot.
Logo a carroza de Baltasar decorada cunha esfinxe exipcia; en último lugar, a carroza do Pato Donald e a súa muller Daisy.
Repartiron moitos caramelos; cando marchamos estaba moi impaciente por ver o que me traerían os Reis Magos.


2.1.10

1.1.10

Mira como bailan!

Que tal un pouco de baile para comezar o ano?