22.6.10
20.6.10
14.6.10
12.6.10
Curtas
Despois de ver no cine Alicia no país das marabillas en 3D, puiden ver na tele algunhas curtas de Disney coma esta sobre uns paxariños.
8.6.10
Satellite
Esta foi a canción gañadora, de Alemaña, e tamén a que máis que gustou.
En cambio a meu pai gustáballe a canción de Grecia.
En cambio a meu pai gustáballe a canción de Grecia.
Eurovisión: espontáneo
Vin ata o final o concurso, e como tiveron que repetir a actuación de España por culpa dun espontáneo. Este foi o momento.
23.5.10
Sister act
Vin esta película que me gustou moito; ten números musicais coma este que vos poño a ver que vos parece.
15.5.10
27.4.10
18.4.10
Ulysses Moore

Encántame a colección de ulysses moore. É de aventuras, de misterio e de viaxes.
Os protagonistas son Jason,Julia e Rick aínda qu no 7 e no 8 sae outra nena chamada Anne. Tratan dunhas portas do tempo que están agochadas no pobo de Kilmore Cove. Unha muller chamada Oblivia Newton quere abrir as portas pero Jason, Julia e Rick impídeno.
Eu lin o tres, o catro e o sete.
Recoméndovolos.
11.4.10
9.4.10
La Niñera mágica y el Big Bang
Fun ver esta pel ao cine e gustoume moitísimo. Por iso quero recomendárvola.
31.3.10
28.3.10
Domingo de Ramos
Estou en Lugo. Hoxe fun a procesión do Domingo de Ramos e saquei un video ca miña cámara de fotos.
19.3.10
7.3.10
20.2.10
La dama y la muerte
Encantoume esta curta aínda que é moi triste e a meu pai non lle gustou tanto.Deronlle un GOYA.Vos que opinades?
7.2.10
23.1.10
El Jabato

Este é Jabato coa sua noiva Claudia. Descubrinos nos comics EL JABATO. Tratan de aventuras na época dos romanos como...internarse nunha selva para escapar de alguen ou vagar polo deserto. As aventuras de Jabato empezan cando el e os demais cristianos que traballan nun campo se atopan cuns romanos que os fan prisioneiros. Jabato ten dous bos amigos, son Taurus e Fideo, sen eles non sería tan fácil vencerlles aos romanos.
18.1.10
9.1.10
8.1.10
O home invisible
5.1.10
Cabalgata de Reis
Hoxe día 5 de Xaneiro fun á cabalgata dos Reis Magos en Lugo.
Empezou ás 7 e cuarto da tarde. Primeiro ían os músicos tocando; despois os zancudos vestidos de espantallos; a continuación, uns homes vestidos de trasnos subidos nuns vermes xigantes de tea; xusto despois, a carroza de Melchor, decorada cunha estatua de papel dun homiño moi simpático tocando a trompeta seguida da carroza de Gaspar decorada cunha estatua de Charlot.
Logo a carroza de Baltasar decorada cunha esfinxe exipcia; en último lugar, a carroza do Pato Donald e a súa muller Daisy.
Repartiron moitos caramelos; cando marchamos estaba moi impaciente por ver o que me traerían os Reis Magos.

2.1.10
1.1.10
Suscribirse a:
Entradas (Atom)