19.10.11

Xogos

Este mes en Educación Física, na escola, estamos xogando a xogos populares. A semana pasada xogamos á goma e esta ás canicas. Moitos dos meus compañeiros xa sabían xogos de canicas, todos moi divertidos e pasámolo xenial.
Estou impaciente por ver que xogo nos toca para a semana!!! 

16.10.11

Bolos


O outro día fun á boleira a botar unha partida de bolos cuns amigos. Nunca antes xogara e perdín, pero descubrín que me encanta xogar aos bolos.
Tamén descubrín que as bolas, dependendo do número que teñen asignado, pesan máis ou menos. Se nunca xogástedes a este deporte, recoméndovolo!!! 

12.10.11

8.10.11

Globos aerostáticos en Lugo.

O voo de globos aerostáticos é unha actividade moi concorrida do San Froilán. Este é un dos globos participantes. As fotos están sacadas dende a ventá da miña habitación.
A que os globos aerostáticos son moi bonitos, todos eles con esas cores tan vivas? 

7.10.11

San Froilán 2011

Este ano o cartel do San Froilán é moi orixinal e encántame, aínda que hai poucos carteis desta festa que non me gusten. Este ano hai un montón de actividades, atraccións e postos e incluso vén Lucía Pérez, a que actuou en Eurovisión, a dar un concerto xunto con outros cantantes famosos.
Outra cousa que quero dicir é que fixeron un libro cos carteis e programacións do San Froilán desde 1870 a 2011 que penso comprar.
Bueno, a disfrutar da festa!!!

18.9.11

Guadalupe 2011


Durante a semana pasada en Rianxo estivemos de festa. Houbo un montón de actividades, entre as miñas preferidas a festa da espuma, na que este ano a espuma chegaba ben arriba, e o feirón mariñeiro.
O feirón mariñeiro é o que máis me gusta da festa. Consiste en que a zona vella de Rianxo se enche de postos que venden de todo, desde libros a doces, e a xente se viste como cen anos atrás, é dicir, que este ano nos vestimos de rianxeiros e rianxeiras de 1911. Tamen houbo no feirón esgrima e tiro con arco. Foi divertidísimo!!! O que tamén me gustou foi que me atrevín a montar non "Saltamontes". Ao principio tiña moito medo pero despois encantoume. Viva a Guadalupe!

30.8.11

Sugar, sugar.

Este vídeo é moi bonito pero sobre todo a súa música é doce, doce. Que a disfrutedes!!!

29.8.11

Teléfono-langosta de Dalí


Esta obra de Dalí vina no museo de Belém de Lisboa cando fun alí de vacacións. Foi unha escultura que me impresionou e que me encantou, aínda que non foi a única.

17.8.11


12.8.11

A familia Addams

O outro día vin esta película e pareceume xenial. Trata dunha familia na que a avoa é unha bruxa, a nai e o pai son un tanto extravagantes, o mordomo é frankenstein... e a súa mascota é unha man que se move pola casa coma un gato.Ademais son inmortais. Este vídeo é do que fixeron os fillos  no festival de fin de curso.


Aquí podedes ver correr a man e como viven todos eles.

18.7.11

Cinemagraph

E aquí máis fotos animadas. Mirádeas ben porque algunhas son difíciles de ver.







26.6.11

A cripta do apostol


O outro día lin este libro e pareceume interesante. Trata duns rapaces de Cataluña que van facer o camiño de Santiago de Compostela. Alí pasan cousas extrañas e un monitor levanta sospeitas. Que credes que pasa ao final? Para enterarvos teredes que lelo.

4.6.11

Charlot

Outra foto animada. Esta vez sale Charlot facendo unha das súas tonterías.

3.6.11

Cincenta

Encántanme as fotos animadas, e espero que a vós tamén. A Cincenta tamén é unha das miñas historias preferidas de cando era pequena. Esta foto é de cando ratos e paxaros a axudan a arreglar o vestido.


16.5.11

A ponte de Cassandra

Vin esta película tan triste e desastrosa e gustoume moito. Trata duns terroristas que intentan poñer unha bomba nun edificio no que se estudia unha enfermidade. A enfermidade sae ao exterior e contáxiase todo un tren de mil viaxeiros. É moi triste en algunhas escenas e noutras é moi divertida. RECOMÉNDOVOLA!!!

Que rapaza máis lista!!!!

Eu quedeime pasmada ao ver o lista que é esta bebé. Que gracioso!!!


15.5.11

Eurovisión 2011

Eu sempre digo que me gusta a actuación de España e ás veces nin sequera é verdade pero esta vez gustoume moitísimo.

Dobby


Como seguro que xa sabedes, encántame Harry Potter por iso vos deixo esta foto de Dobby, un dos meus personaxes  preferidos. Parece mentira que de pequena lle tivera medo!!!

11.5.11

O día despois de mañá


O outro día vin esta película, que se chama El día después de mañana.Trata do que ocorrerá cando o cambio climático dane o noso planeta. A min gustoume moito; espero que a vós tamén.

10.5.11

18.4.11

Meme do catro

CATRO TRABALLOS QUE TIVEN NA VIDA:
Clarinetista, lectora profesional, peliculeira e estudante.

CATRO LUGARES EN QUE VIVÍN:
Rianxo, Lugo, Ourense e Barriga de miña nai.

CATRO LUGARES EN QUE ESTIVEN (e dos que non falei neste blogue):
Lanzarote, Asturias, Madrid e Santander.

CATRO LUGARES EN QUE ME GUSTARÍA ESTAR AGORA:
Na biblioteca, nunha piscina de auga quente, na casa de algún amigo ou no cine.

CATRO DAS MIÑAS COMIDAS FAVORITAS:
Ensalada, polo ao forno con patacas fritidas, pizza e xeado de coco ou de avelá.

CATRO BEBIDAS FAVORITAS:
Auga, Acuarius, trina e Coca Cola.

CATRO PELÍCULAS QUE VERÍA UNHA VEZ TRAS OUTRA:
Rebeca, Lo que el viento se llevó, Harry Potter e todas as demais.

PROGRAMAS DE TV QUE VEXO:
Dance Academy, Los magos de Weverly Place, Shake it up e Buena suerte Charlie.

CATRO EXPRESIÓNS QUE USO:
E lo?, arre ho, vale! e jolin.

CATRO COUSAS QUE ME MOLESTAN:
As moscas, a fame no mundo, os mocos verdes e os anuncios tontos.

CATRO COUSAS QUE FAGO MELLOR:
Le , contar chistes, animar á xente e lanzar mal as pelotas que lle dan a alguén na cabeza.

CATRO COUSAS QUE NON SEI FACER:
Sopas de letras, o pino e todos os estiramentos, odiar a Harry Potter e enfadarme máis de un día

CATRO DESEXOS PARA ANTES DE MORRER:
Que me enterren cos meus libros, ir en submariño, visitar Saturno, que é o meu planeta favorito, e ter un elefante.

23.12.10

8.12.10

Meme das cousas que non fago


Vou enumerar as dez cousas que NON fago.
Asi pois, adiante.

  1. NON como hamburguesas, danme noxo.

  2. NON ronco porque durmo boca abaixo.

  3. NON canto na ducha para que non me oian os do piso de abaixo.

  4. NON me tiro dun avión en marcha porque me dá medo.

  5. NON viaxo á lúa porque non quero coñecer a un extraterreste verde.

  6. NON leo no mar para que non se estropeen os libros.

  7. NON vivo na selva para non namorarme dun mono.

  8. NON durmo coa boca aberta para que non me entren moscas.

  9. NON canto baixo a neve para non conxelarme.

  10. NON como queixo porque ole a queixo.

24.10.10

Get back!

Encántame este vídeo dos Beatles. Espero que a vós tamén.

7.10.10

Oktapodi

Estes polbos que corren tanto en realidade é porque queren chegar ao San Froilán