A praza da miña vila
tenvos moito movemento.
Os sábados hai mercado
e os domingos hai concerto.
Polo verán hai teatro,
algúns días monicreques.
Haxa ou non haxa espectáculo
sempre ateigada de xente.
Lámpadas multicolores
e bandeiras nos balcóns
engalanan a praciña
polas festas do patrón.
Ten unha estatua no medio
que observa todo o que pasa
e o reloxo do concello
que dá as horas exactas.
De noite quea baleira,
ás veces óense pasos
o chío dos paxariños
ou o miañar dalgún gato.
A praza, corazón da cidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario