Empezou ás 7 e cuarto da tarde. Primeiro ían os músicos tocando; despois os zancudos vestidos de espantallos; a continuación, uns homes vestidos de trasnos subidos nuns vermes xigantes de tea; xusto despois, a carroza de Melchor, decorada cunha estatua de papel dun homiño moi simpático tocando a trompeta seguida da carroza de Gaspar decorada cunha estatua de Charlot.
Logo a carroza de Baltasar decorada cunha esfinxe exipcia; en último lugar, a carroza do Pato Donald e a súa muller Daisy.
Repartiron moitos caramelos; cando marchamos estaba moi impaciente por ver o que me traerían os Reis Magos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario