2.1.12

Laura Gallego

A muller retratada na foto é Laura Gallego, unha das miñas escritoras preferidas. Todos os libros que lin dela encantáronme e iso que ten moitos publicados: Donde los árboles cantan, Sara y las goleadoras, La emperatriz de los etéreos... Pero sobre todo a trioloxía Memorias de Idhún que aínda non rematei pero que me está gustando moito. Recoméndovos todos os seus libros sexa cal sexa o que vos interese.  


1.1.12

31.12.11

Campanilla

Terminamos o ano cun pouco de maxia e coquetería.

30.12.11

Un bo nadal ( máis ou menos)

Estes tres porquiños escapan do lobo coma en todos os contos, e cando parece que xa remataran co problema, o lobo, danse de conta de que cometeron un terrible error.

26.12.11

Feliz Nadal !!!


Deséxovos Feliz Nadal e espero que teñades tantos regalos coma min.
Isto é o que me trouxo Papá Noel: sete libros, un xogo eléctronico de reflexos, unha lanterna en forma de porco, catro pequenos botes de perfume e un xogo de damas (porque ata onte non sabía xogar).
Todos os regalos me encantaron, e descubrín que as damas é o xogo popular de mesa que máis me gusta despois do Parchís. Encántame o Nadal!!!   

3.12.11

A pedra de seixo

Hoxe lin un libro que me pareceu moi extraño.
Chámase "A pedra de seixo", de María Canosa. Trata dunha rapaza á que polo seu aniversario lle regalan unha bóla decorativa. Ela e máis o seu grupo de amigos descobren que esa misteriosa bóla ten poderes máxicos e, grazas a ela, poden facer cousas que eles nunca antes imaxinaran como, por exemplo, falar co irmán morto dunha das amigas da protagonista. Recoméndovolo!!!

 

2.12.11

Lemonade Mouth

A semana pasada vin esta película chamada "Lemonade Mouth". Trata duns rapaces que son castigados inxustamente. Como castigo, teñen que limpar a aula de arte e, como ao limparen fan unha  canción, acaban formando un grupo, que ten o mesmo nome que a película. Nela, saen un montón de cancións moi bonitas e marchosas, pero a que máis me gusta é esta que se chama "Turn Up the Music".
Se non a viches, recoméndoche que o fagas canto antes.

19.11.11

O bebé do caldo

Como mola!!!


16.11.11

Friends

6.11.11

5.11.11

Phineas y Ferbnomenales vídeos musicales.

Hai unhas semanas comezou a segunda edición dos "Phineas y Ferbnomenales vídeos musicales". Esta actividade de Disney Channel trata de que podes votar na súa páxina web os 10 vídeos que máis che gusten da actual temporada de Phineas y Ferb. Eu xa votei e esta é unha das miñas cancións preferidas, chámase "Isa tiene rizos". Espero que vos guste e que a votedes moito!

31.10.11

29.10.11

Saturnino

Atopei esta foto e acordeime de unha historia que me pasou de pequena. Cando tiña un ano compraronme un pato ao que lle chamamos Saturnino. Pois resulta que este pato era moi sucio e tiña moi mal humor, e para acabar cos problemas que daba, comemos a Saturnino no xantar de Ano Novo. Eu non me dei conta de nada porque o cariño que lle tiña ao pato non era moito.

23.10.11

Xa chegou o outono!!!

Xa hai tempo que empezou o Outono pero o tempo e a temperatura que tivemos non foi propia desta estación. Agora, por fin, comezou o outono de verdade.

22.10.11

Que será, que será?

Hai unhas semanas vin esta película titulada "O home que sabía demasiado". Nela sae esta canción. É unha canción preciosa e moi pegadiza. Póñovos a letra debaixo para que a cantedes.



When I was just a little girl
I asked my mother what will I be,
Will I be pretty, will I be rich?
Here's what she said to me:

Que sera, sera...
Whatever will be will be,
The future's not ours to see.
Que sera, sera.
What will be will be.


When I grew up and fell in love,
I asked my sweetheart what lies ahead,
Will we have rainbows, day after day,
Here's what my sweetheart said:

Que Sera Sera...

Now I have children of my own,
They ask their mother what will I be,
Will I be handsome, will I be rich,
I tell them tenderly:

Que Sera Sera...

19.10.11

Xogos

Este mes en Educación Física, na escola, estamos xogando a xogos populares. A semana pasada xogamos á goma e esta ás canicas. Moitos dos meus compañeiros xa sabían xogos de canicas, todos moi divertidos e pasámolo xenial.
Estou impaciente por ver que xogo nos toca para a semana!!! 

16.10.11

Bolos


O outro día fun á boleira a botar unha partida de bolos cuns amigos. Nunca antes xogara e perdín, pero descubrín que me encanta xogar aos bolos.
Tamén descubrín que as bolas, dependendo do número que teñen asignado, pesan máis ou menos. Se nunca xogástedes a este deporte, recoméndovolo!!! 

12.10.11

8.10.11

Globos aerostáticos en Lugo.

O voo de globos aerostáticos é unha actividade moi concorrida do San Froilán. Este é un dos globos participantes. As fotos están sacadas dende a ventá da miña habitación.
A que os globos aerostáticos son moi bonitos, todos eles con esas cores tan vivas? 

7.10.11

San Froilán 2011

Este ano o cartel do San Froilán é moi orixinal e encántame, aínda que hai poucos carteis desta festa que non me gusten. Este ano hai un montón de actividades, atraccións e postos e incluso vén Lucía Pérez, a que actuou en Eurovisión, a dar un concerto xunto con outros cantantes famosos.
Outra cousa que quero dicir é que fixeron un libro cos carteis e programacións do San Froilán desde 1870 a 2011 que penso comprar.
Bueno, a disfrutar da festa!!!

18.9.11

Guadalupe 2011


Durante a semana pasada en Rianxo estivemos de festa. Houbo un montón de actividades, entre as miñas preferidas a festa da espuma, na que este ano a espuma chegaba ben arriba, e o feirón mariñeiro.
O feirón mariñeiro é o que máis me gusta da festa. Consiste en que a zona vella de Rianxo se enche de postos que venden de todo, desde libros a doces, e a xente se viste como cen anos atrás, é dicir, que este ano nos vestimos de rianxeiros e rianxeiras de 1911. Tamen houbo no feirón esgrima e tiro con arco. Foi divertidísimo!!! O que tamén me gustou foi que me atrevín a montar non "Saltamontes". Ao principio tiña moito medo pero despois encantoume. Viva a Guadalupe!