Estes tres porquiños escapan do lobo coma en todos os contos, e cando parece que xa remataran co problema, o lobo, danse de conta de que cometeron un terrible error.
30.12.11
26.12.11
Feliz Nadal !!!
Deséxovos Feliz Nadal e espero que teñades tantos regalos coma min.
Isto é o que me trouxo Papá Noel: sete libros, un xogo eléctronico de reflexos, unha lanterna en forma de porco, catro pequenos botes de perfume e un xogo de damas (porque ata onte non sabía xogar).
Todos os regalos me encantaron, e descubrín que as damas é o xogo popular de mesa que máis me gusta despois do Parchís. Encántame o Nadal!!!
3.12.11
A pedra de seixo
Hoxe lin un libro que me pareceu moi extraño.
Chámase "A pedra de seixo", de María Canosa. Trata dunha rapaza á que polo seu aniversario lle regalan unha bóla decorativa. Ela e máis o seu grupo de amigos descobren que esa misteriosa bóla ten poderes máxicos e, grazas a ela, poden facer cousas que eles nunca antes imaxinaran como, por exemplo, falar co irmán morto dunha das amigas da protagonista. Recoméndovolo!!!
2.12.11
Lemonade Mouth
A semana pasada vin esta película chamada "Lemonade Mouth". Trata duns rapaces que son castigados inxustamente. Como castigo, teñen que limpar a aula de arte e, como ao limparen fan unha canción, acaban formando un grupo, que ten o mesmo nome que a película. Nela, saen un montón de cancións moi bonitas e marchosas, pero a que máis me gusta é esta que se chama "Turn Up the Music".
Se non a viches, recoméndoche que o fagas canto antes.
20.11.11
19.11.11
10.11.11
6.11.11
5.11.11
Phineas y Ferbnomenales vídeos musicales.
Hai unhas semanas comezou a segunda edición dos "Phineas y Ferbnomenales vídeos musicales". Esta actividade de Disney Channel trata de que podes votar na súa páxina web os 10 vídeos que máis che gusten da actual temporada de Phineas y Ferb. Eu xa votei e esta é unha das miñas cancións preferidas, chámase "Isa tiene rizos". Espero que vos guste e que a votedes moito!
31.10.11
29.10.11
Saturnino
Atopei esta foto e acordeime de unha historia que me pasou de pequena. Cando tiña un ano compraronme un pato ao que lle chamamos Saturnino. Pois resulta que este pato era moi sucio e tiña moi mal humor, e para acabar cos problemas que daba, comemos a Saturnino no xantar de Ano Novo. Eu non me dei conta de nada porque o cariño que lle tiña ao pato non era moito.

25.10.11
23.10.11
Xa chegou o outono!!!
Xa hai tempo que empezou o Outono pero o tempo e a temperatura que tivemos non foi propia desta estación. Agora, por fin, comezou o outono de verdade.
22.10.11
Que será, que será?
Hai unhas semanas vin esta película titulada "O home que sabía demasiado". Nela sae esta canción. É unha canción preciosa e moi pegadiza. Póñovos a letra debaixo para que a cantedes.
When I was just a little girl
I asked my mother what will I be,
Will I be pretty, will I be rich?
Here's what she said to me:
Que sera, sera...
Whatever will be will be,
The future's not ours to see.
Que sera, sera.
What will be will be.
When I grew up and fell in love,
I asked my sweetheart what lies ahead,
Will we have rainbows, day after day,
Here's what my sweetheart said:
Que Sera Sera...
Now I have children of my own,
They ask their mother what will I be,
Will I be handsome, will I be rich,
I tell them tenderly:
Que Sera Sera...
When I was just a little girl
I asked my mother what will I be,
Will I be pretty, will I be rich?
Here's what she said to me:
Que sera, sera...
Whatever will be will be,
The future's not ours to see.
Que sera, sera.
What will be will be.
When I grew up and fell in love,
I asked my sweetheart what lies ahead,
Will we have rainbows, day after day,
Here's what my sweetheart said:
Que Sera Sera...
Now I have children of my own,
They ask their mother what will I be,
Will I be handsome, will I be rich,
I tell them tenderly:
Que Sera Sera...
19.10.11
Xogos
16.10.11
Bolos
12.10.11
8.10.11
Globos aerostáticos en Lugo.
O voo de globos aerostáticos é unha actividade moi concorrida do San Froilán. Este é un dos globos participantes. As fotos están sacadas dende a ventá da miña habitación.
A que os globos aerostáticos son moi bonitos, todos eles con esas cores tan vivas?
7.10.11
San Froilán 2011
Este ano o cartel do San Froilán é moi orixinal e encántame, aínda que hai poucos carteis desta festa que non me gusten. Este ano hai un montón de actividades, atraccións e postos e incluso vén Lucía Pérez, a que actuou en Eurovisión, a dar un concerto xunto con outros cantantes famosos.
Outra cousa que quero dicir é que fixeron un libro cos carteis e programacións do San Froilán desde 1870 a 2011 que penso comprar.
Bueno, a disfrutar da festa!!!
18.9.11
Guadalupe 2011

Durante a semana pasada en Rianxo estivemos de festa. Houbo un montón de actividades, entre as miñas preferidas a festa da espuma, na que este ano a espuma chegaba ben arriba, e o feirón mariñeiro.
O feirón mariñeiro é o que máis me gusta da festa. Consiste en que a zona vella de Rianxo se enche de postos que venden de todo, desde libros a doces, e a xente se viste como cen anos atrás, é dicir, que este ano nos vestimos de rianxeiros e rianxeiras de 1911. Tamen houbo no feirón esgrima e tiro con arco. Foi divertidísimo!!! O que tamén me gustou foi que me atrevín a montar non "Saltamontes". Ao principio tiña moito medo pero despois encantoume. Viva a Guadalupe!
30.8.11
Sugar, sugar.
Este vídeo é moi bonito pero sobre todo a súa música é doce, doce. Que a disfrutedes!!!
29.8.11
Teléfono-langosta de Dalí
Esta obra de Dalí vina no museo de Belém de Lisboa cando fun alí de vacacións. Foi unha escultura que me impresionou e que me encantou, aínda que non foi a única.
17.8.11
12.8.11
A familia Addams
O outro día vin esta película e pareceume xenial. Trata dunha familia na que a avoa é unha bruxa, a nai e o pai son un tanto extravagantes, o mordomo é frankenstein... e a súa mascota é unha man que se move pola casa coma un gato.Ademais son inmortais. Este vídeo é do que fixeron os fillos no festival de fin de curso.
Aquí podedes ver correr a man e como viven todos eles.
Aquí podedes ver correr a man e como viven todos eles.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)