Xa estou outro ano máis aquí, en Lugo, disfrutando da festa, do polbo, das tómbolas, das atraccións...
Por primeira vez, participei na tómbola dos camelos. É ben fácil, só tes que tirar unhas bólas a uns buratos e segundo en que burato as metas o teu camelo correrá máis ou menos; o primeiro que chegue á meta gaña e leva un premio a elixir. Ata agora aínda non gañei pero quedei segunda, a ver se a próxima vez teño máis sorte!!!
Tamén fun tomar o polbo, este ano estaba tan rico coma sempre. Respecto ás atraccións, non teño nin que dicir que hai moitísimas, tantas coma os demais anos a pesar de que este ano foron algo máis estritos coas medidas das barracas que os pasados. A noria está preciosa con luces de moitas cores e é tan alta que se ve dende a ponte que dá entrada a Lugo.
Os concertos tamén son numerosos: o venres fun ao do Dúo Dinámico que, a pesar de sumar entre os dous un século e medio, cantaban igual de ben e seguían igual de simpáticos.
A imaxe que tedes arriba é o cartel deste ano, a min encántame e a pesar das críticas da xente, que non foron poucas, paréceme unha boa elección. Encántanme o polbo do bigote e o do MP3!!!