18.4.11

Meme do catro

CATRO TRABALLOS QUE TIVEN NA VIDA:
Clarinetista, lectora profesional, peliculeira e estudante.

CATRO LUGARES EN QUE VIVÍN:
Rianxo, Lugo, Ourense e Barriga de miña nai.

CATRO LUGARES EN QUE ESTIVEN (e dos que non falei neste blogue):
Lanzarote, Asturias, Madrid e Santander.

CATRO LUGARES EN QUE ME GUSTARÍA ESTAR AGORA:
Na biblioteca, nunha piscina de auga quente, na casa de algún amigo ou no cine.

CATRO DAS MIÑAS COMIDAS FAVORITAS:
Ensalada, polo ao forno con patacas fritidas, pizza e xeado de coco ou de avelá.

CATRO BEBIDAS FAVORITAS:
Auga, Acuarius, trina e Coca Cola.

CATRO PELÍCULAS QUE VERÍA UNHA VEZ TRAS OUTRA:
Rebeca, Lo que el viento se llevó, Harry Potter e todas as demais.

PROGRAMAS DE TV QUE VEXO:
Dance Academy, Los magos de Weverly Place, Shake it up e Buena suerte Charlie.

CATRO EXPRESIÓNS QUE USO:
E lo?, arre ho, vale! e jolin.

CATRO COUSAS QUE ME MOLESTAN:
As moscas, a fame no mundo, os mocos verdes e os anuncios tontos.

CATRO COUSAS QUE FAGO MELLOR:
Le , contar chistes, animar á xente e lanzar mal as pelotas que lle dan a alguén na cabeza.

CATRO COUSAS QUE NON SEI FACER:
Sopas de letras, o pino e todos os estiramentos, odiar a Harry Potter e enfadarme máis de un día

CATRO DESEXOS PARA ANTES DE MORRER:
Que me enterren cos meus libros, ir en submariño, visitar Saturno, que é o meu planeta favorito, e ter un elefante.